Non penso, non quero, non caio.

Non penso marcar o principio dun fin no aparello demoníaco;
non penso poñer nome o sufrimento;
non penso caer no xogo de dar e non recibir,
aínda que ti penses o contrario,
porque eu son ti a miudo.

Non quero crer que xa me vou decatando;
non quero asubiar e espantar ós espantallos,
nin bicalos sen pensar;
non quero ser eu,
porque eu son ti a miudo.

Non caio nun laio de vinganza,
mais sei que ganas non faltan;
non caio no barranco desta historia, xa vivo abaixo;
non caio no erro de ser ti,
porque eu son ti a miudo.

Die

0 comentarios:

Publicar un comentario

Plasma e firma

O que me vai facer famoso

O que quero que vexas

40

 Cuarenta. Nada era tan importante, nada era tan grave, pero todo es necesario Diego. Puedo decirte desde aquí que lo estás haciendo muy bie...