Mirando o lume do norte

Nas longas noites de inverno, na Galiza de onde veño. As vellas contan contos de meigas, estrelas e defuntos. Todos xuntos, arredor da lareira, trememos co son do aire nas fiestras de madeira. A pinga que cae no vertedoiro, e a lua, antoxanse ledas e caprichosas, nesas noites, longas noites de inverno.

Despois, en xuño, cos petos cheos de ilusión (porque aos galegos tamén nos gusta o sol), camiñamos lixeiros polos carreiros das nosas vilas, cos cestos cheos de sardiñas e o peito enchido de recordos que esquecer. Ao lonxe, arredor de toda a ría de Vigo, miramos (e tamén vemos), as cacharelas que espertan por triplicado (no mar, na terra e no aire). O lume do inferno, que sae a saudar aos mortais desta terra, esquecese de demos e meigallos, para ofrecer un día o ano, a maxia e ese pouco de bo, que agocha o resto do verán.

Xa na cacharela de Vilaboa, veciños e veciñas beben viño e comen churrasco e sardiñas. Os nenos, xogan espertos, nesta noite de ledicia e os máis vellos, xa non contan historias de medo, prefiren sorrir e acordar. Acordar porque unha vez entrada a medianoite, todos calan. Arde a madeira, e con ela, tódolos males do inverno, cada golpe, cada desamor, cada loita, cada bágoa. Un a un, os galegos, queimamos a mala xente das nosas vidas, os escuros recordos, o mal, ese mal que afunde o corazón dos nosos, que fortes por fora, a miudo deixámonos levar polas emocions e sentimentos menos terrenais, esquecendo que en Galiza, tamén hai verán.

Benvido verán. Benvido :)


1 comentarios:

korben 23 de septiembre de 2011, 23:00  

Que bonito :)

Publicar un comentario

Plasma e firma

O que me vai facer famoso

O que quero que vexas

¿De qué quieres trabajar?

Todo huele diferente. El primer día me tomé un vermú. Técnicamente ese día todavía estaba de alta en la empresa de fabricación de bloques en...