Adios rios, adios regatos pequenos...


Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...

Adios adios que me vou
herbiñas do camposanto
onde meu pai se enterrou
herbiñas que vin queitando.

Terriña que nos criou...

Xa se oian lonxe moi lonxe
as campanas do pomar
para ai coitadiño nunca mais
han de tocar.

Xa se oian lonxe moi lonxe
cada bala era un delor,
voume soio sin arrimo
miña terra adios adios.

Adios tamen queridiña,
adios para sempre quizais,
digoche este adios chorando
dende a beiriña do mar.

Non me olvides queridiña,
si morro de soidas,
tantas leguas mar adentro
miña casiña meu lar.

Adios rios adios fontes
adios regatos pequenos
adios vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos.

Non sei cando nos veremos
non sei cando nos veremos...

Rosalía de Castro

0 comentarios:

Publicar un comentario

Plasma e firma

O que me vai facer famoso

O que quero que vexas

¿De qué quieres trabajar?

Todo huele diferente. El primer día me tomé un vermú. Técnicamente ese día todavía estaba de alta en la empresa de fabricación de bloques en...